Programa Visibiliza CEC

Acorde ao seu compromiso coa igualdade real de oportunidades e, coincidindo coa conmemoración do 8M, a CEC presenta o programa VISIBILIZA. Preténdese a toma de conciencia como primeiro paso para acadar a igualdade no eido empresarial e, indirectamente, social; sendo os principais  obxectivos do programa os seguintes:

– Promover o desenvolvemento pleno da muller como empresaria, profesional, investigadora…

– Identificar e colaborar na transmisión e difusión de boas prácticas de igualdade laboral en empresas.

– Identificar referentes de cambio, contribuír a súa difusión e fomentar a creación de sinerxías.

– Contribuír á modificación de patróns socioculturais de desigualdade.

Contémplanse distintas actividades informativas e divulgativas dirixidas ao ámbito educativo, empresarial e social en xeral, enmarcadas en tres eixes:

  • VISIBILÍZA_TE

Dirixido a empresas que queiran dar a coñecer as súas prácticas en materia de igualdade, poñéndoas en valor, ao tempo que serven de inspiración e impulso motivador para outras empresas.

Recóllense entrevistas, artigos…

  • VISIBILIZA_DAS

Inclúe diversas actuacións encamiñadas á visibilización de mulleres pioneiras (actuais ou non), destacadas ou que exercen tarefas tradicionalmente masculinizadas; poñendo así en valor a figura destas mulleres, ao tempo que serven de inspiración para as novas xeracións.

Recóllense artigos, entrevistas…

  • SON FUTURO

Taller dirixido, prioritariamente, a estudantes da ESO e, en xeral, a calquera persoa interesada ou que participe na toma de decisións de itinerarios formativos e no ámbito da igualdade.

O seu obxectivo é inspirar e promover a reflexión na mocidade, nun intre de toma de decisións relevantes para o seu futuro laboral, mediante a visibilización de mulleres directivas e profesionais, pioneiras ou destacadas no seu ámbito.

Mulleres de distintos sectores relatarán a súa traxectoria e experiencia profesional, compartindo decisións tomadas, motivacións, cambios… conformando, así, diversas referencias nas que a xuventude pode verse reflectida.

Ao rematar o programa realizarase una memoria recompilatoria con tódalas actuación realizadas nos distintos eixes, que será difundida gratuitamente, contribuíndo a unha sociedade cada vez máis paritaria.

Confiamos en que este programa resulte de interese e agardamos a participación das nosas entidades colaboradoras no seu desenvolvemento. Para máis información ou para participar podes contactar con nós en igualdade@cec.es ou no 981133702.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *