Captura

A área de patrimonio e contratación da Deputación da Coruña organiza os días 13, 14 e 15 de xaneiro  as IV xornadas a luz da ciencia: pensamento científico e xénero,  que  en coordinación coa área de Igualdade ,centraranse na perspectiva de xénero e ciencia nas aulas, realidade laboral e teito de cristal e o enfoque na comunicación científica. Estes encontros científicos están deseñados nesta cuarta edición, para reflexionar sobre as fendas de xénero que están vixentes no eido da práctica profesional e investigadora das disciplinas científicas, achegando visións desde tres eidos diferentes: as aulas e o proceso formativo, a lexislación e a realidade profesional, e a divulgación e a comunicación científica.

 

As  asistencia é gratuíta e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través dun formulario que aparece no enlace que tes abaixo.

https://www.dacoruna.gal/patrimonio/aulas-cientificas-2021/iv-xornadas-luz-da-ciencia?utm_source=Banner&

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *