tempo

A conciencia do paso do tempo adquiriu unha maior relevancia nos últimos tempos. O tempo, ese ben gratuíto e sempre dispoñible, parece querer estreitarse para converterse nunha limitación en lugar de ser un recurso. Cada vez máis frecuentemente concibimos o tempo como algo que é restrinxido e que se consome con demasiada rapidez. Ninguén parece ter tempo para nada que non sexa o que xa tiña ideado, e aínda así lévao a cabo cunha sensación de apuro, de angustia, de presión, coma se metésemos demasiadas cousas no peto e fora agora demasiado pesado. Froito desta actitude ou quizá en base a ela, está a nosa desaxeitada capacidade de organización profesional.

Pero fóra destas consideracións, o factor tempo no noso traballo é algo que se pode estruturar, planificar, xestionar e mesmo gozar. Iso si, hai que aprender algo sobre como se relaciona a nosa mente co tempo. É necesario establecer categorías de funcionamento e introducilas no manexo dos nosos proxectos e tarefas. Tamén cómpre saber algo acerca dos factores que afectan á nosa boa xestión, os inimigos da atención que vampirizan a nosa actividade, substituíndo o que temos que facer polo que nos obrigamos a facer. Noutras palabras, a boa xestión do tempo axuda a identificar todas aquelas tarefas que non achegan o valor suficiente como para xustificar que as fagamos. Todos temos algunha.

Este curso, eminentemente aplicado, péchase cunha guía práctica de planificación da que cada persoa asistente debe extraer a súa solución persoal, propia, explícita e executable. Os resultados son inmediatos e sorprendentes. Actúase con maior eficacia e con menor esforzo.

OBXECTIVOS:

Mediante este obradoiro preténdese que as persoas asistentes poidan ensanchar o paso do tempo para poder camiñar por el en lugar de correr. Concretamente, ten como obxectivos:

  • Identificar os factores que conforman a boa xestión do tempo.
  • Aprender a estruturar a axenda.
  • Vacinarse contra os agresores externos (ladróns e vampiros).
  • Deseñar un plan específico e personalizado de traballo para ser executado ao terminar o curso.

CONTIDOS:

  • O construto do Tempo
  • A natureza do Tempo: Método e Emoción
  • Xestionando o Tempo:
  • Por onde empezar
  • Organizando a distribución
  • A axenda ideal
  • Incorporando o tempo aos nosos proxectos.
  • Os vampiros do tempo, guía práctica para desarmalos.
  • A diferenza entre planificar e orzamentar. Os períodos do tempo
  • A miña solución persoal

METODOLOXÍA:

Desenvolverase seguindo unha metodoloxía de obradoiro, o que implica que ambas as sesións se desenvolverán cunha forte orientación práctica. Inicialmente, explicaranse os aspectos conceptuais máis básicos para, posteriormente, realizar diferentes actividades nas que desenvolver e aplicar os contidos teóricos mediante, por exemplo, dinámicas grupais, resolución de problemas e procura de solucións adaptadas a cada situación particular.

ORGANIZA:

Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC).

COORDINAN:

  • Carlos Montes Piñeiro, G-3367 Presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións
  • María Botana Rocamonde, Responsable de prevención de riscos laborais na Confederación de Empresarios de La Coruña

RELATOR: José Ortuño Vilurbina (G-01965), Asesor de Desenvolvemento e Aprendizaxe.

Nº DE PRAZAS: 15

DATAS: 25 e 26 de xaneiro

PREZO:

  • Asociadas e asociados da Sección de PTO: Gratuíto
  • Membros da División de PTORH: Gratuíto
  • Asociadas e asociados á CEC: Gratuíto
  • Demais persoas interessadas: 50€

INSCRICIÓN: Debe solicitarse por correo electrónico coa debida antelación.

O obradoiro terá un mínimo de asistentes, tendo preferencia as psicólogas e psicólogos asociados á Sección de PTO, podendo suspendelo o Colexio no caso de non obter un número de inscricións suficiente.

Ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición comunicarase por e-mail a admisión ou non admisión.

Último día de inscrición: 18 de xaneiro de 2022

 

Programa_xestion_tempo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *