mujer rural

De acordo cos datos de Naciones Unidas, as mulleres do rural supoñen unha cuarta parte da poboación mundial.

¿Dende cando e por que se celebra este día?

O primeiro día Internacional celebrouse o 15/10/2008, establecido pola Asamblea Xeral na súa resolución 62/136, na que se recoñece “a función e contribución decisivas da muller rural, incluída a muller indíxena, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural”

Polo tanto, nesta data, quérese poñer en valor a inestimable contribución das mulleres rurais (agricultoras, empresarias e asalariadas) á sociedade.

Labran a terra e plantan sementes, que alimentan a nacións enteiras. E dicir, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións, e, á vez, axudan a concienciar ás súas comunidades fronte ao cambio climático.

¿Que reciben a cambio?

Pese a ser tan produtivas e boas xestoras como os seus homólogos varóns, sofren de xeito desproporcionado distintos aspectos da pobreza:

  • Non gozan dun acceso equitativo aos servizos públicos (sanidade, educación, auga e saneamento, infraestruturas…)
  • Non dispoñen do mesmo acceso á terra, materiais agrícolas, créditos, mercados ou cadeas de produtos cultivados de alto valor engadido.
  • Deben loitar con normas sociais discriminatorias e barreiras estructurales que limitan o poder deste colectivo na participación política das suas comunidades e fogares.
  • Salvo raras excepcións, a nivel mundial, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as campesiñas se atopan en peores condicións que os homes do campo e que as mulleres urbanas.

Os dereitos das mulleres rurais contémplanse nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); ínstase aos Estados Membros, en colaboración coa sociedade civil e as organizacións de Nacións Unidas, a implementar medidas para  mellorar a vida das mulleres rurais, incluídas as das comunidades indíxenas e aquelas con discapacidade.

A sociedade en xeral, e os gobernos en particular, deben prestar atención ás súas necesidades e investir nelas, buscando, por nomear só algunhas das medidas necesarias:

  • telas en conta nas súas políticas
  • desenvolver programas de asistencia específicos e servizos de asesoría para promover as habilidades económicas das mulleres rurais na banca, os procedementos comerciais e financeiros modernos e a provisión de microcréditos e outros servizos financeiros e comerciais
  • elaborar leis para garantir que as mulleres rurais teñan dereitos plenos e iguais a posuír terras e outras propiedades
  • que teñan apoio para a súa participación plena e igualitaria na toma de decisións a todos os niveis
  • seu empoderamiento político e socioeconómico

Nuhna data como hoxe, queremos agradecerlles o seu labor, que é invisible e non remunerada (malia que as tarefas aumentan e se endurecen debido en parte  á migración dos homes).

Pola súa impagable contribución para lograr un mundo mellor…grazas.

 

Feliz día para todas!!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *