Teño morriña

QUEN E DE QUE?

 Antes de responder á pregunta, repasemos algúns datos preocupantes relacionados coa nosa mocidade.

  • Que é a fuga de talento?

O termo fai referencia ás persoas con formación universitaria que emigran a outras nacións pola falla de oportunidades (obviamente, na tendencia das migracións inflúe de forma determinante a evolución económica de cada país).

  • Retén España o talento?

Vexamos datos dos últimos anos (fontes: OCDE, INE, Foro Económico mundial):

  1. España ocupa un dos peores postos en canto a retención do talento (o 83 nunha clasificación de 109).
  2. Tamén está no vagón de cola mundial na captación de cerebros de fora.
  3. A crise económica de 2008 deixou taxas históricas que afectaron especialmente á poboación xuvenil (en 2019 un 40% nos/as menores de 25 anos).
  4. O 28% da nosa mocidade (de 20-43 anos) en desemprego está disposta a marchar a UE para atopar traballo. E nesta decisión xoga un papel moi importante o nivel formativo.
  5. O número dos nosos/as mozos/as que vive no estranxeiro, segundo o INE, creceu un 79% entre 2009 e 2017.

Tendo en conta o anterior, imos contar una  historia de calquera moza universitaria galega (porque elas teñen aínda máis dificultades que eles no mundo laboral)

“Son unha enxeñeira de Galicia, pero estou comezando a non sentirme de ningún sitio. Intentei buscar o meu oco laboral na “miña terriña”, pero sen éxito. Vinme obrigada a tomar unha dura, triste e difícil decisión: emigrar buscando un futuro. Certo, encantaríame poder contemplar ese futuro no meu país, pero quedoume claro que non era posible.

Malia loitar dende pequena por acadar esa meta:

  • Obtendo bos resultados académicos dende o bacharelato
  • Elixindo unha titulación con boas expectativas laborais e complementándoa cun máster.
  • Preocupándome por estar ó día  en idiomas e nas TIC’s.
  • Presentándome a innumerables ofertas de emprego.
  • Pasando por moitas entrevistas de traballo no que solicitaban o meu “perfil”.

Pero, aínda así, seica non teño cabida no mercado laboral do noso país.

Exhausta de pelexar para atopar o meu sitio AQUÍ, tiven que sumarme a moitas outras persoas que decidiron marchar a outro país no que si valorasen o esforzo e o coñecemento.

Funme con pena e moita dor,  pero necesitaba librarme da continua sensación dun futuro “incerto” e cheo de inseguridade.

 Así que marchei, teño un bo traballo e ben pagado. Pero non estou onde quero.

E si, teño morriña”

 

ATENCIÓN:

  Empresarios/as, nais e pais, a que fala podería ser a vosa filla.

E o seu talento aprovéitano fora, pero a  súa formación pagámola aquí

 Nada que engadir.

¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

2 thoughts on “TEÑO MORRIÑA

  1. É unha mágoa que se desperdicie tanto valor humano… Debería primar o talento e reforzar a estrutura formativa-laboral no noso país

  2. Certo, Rebeca, o noso talento debería poder encontrar aquí o seu futuro.
    Dende o Gabinete estamos tratando de que toda a sociedade sexa coñecedora e axude ao cambio
    Grazas polas tuas aportacións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *