teletrabajo

Unha das repercusións laborais máis visibles da COVID-19 foi a intensificación do teletraballo como modalid de de emprego; unha forma urxente de compatibilizar a prestación de servizos e a relación laboral coa protección fronte á pandemia. Pero aplicalo non é intuitivo nin doado. De feito, a súa incorporación de forma sobrevida e sen preparación previa impide que, de momento, moitas organizacións logren niveis axeitados de eficacia, eficiencia e produtividade. Máis alá das circunstancias excepcionais que vivimos actualmente, un teletraballo eficaz require a reorganización e adaptación de sistemas e procesos de traballo e un esforzo de aprendizaxe por parte das persoas traballadoras menos familiarizados con esa práctica.
Ante este escenario complexo e cambiante, a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña, organiza un seminario web onde, a partir da experiencia de diferentes organizacións que levan xa anos de implantación do teletraballo, explicaranse as súas principais vantaxes e dificultades, suxeriranse pautas para a súa correcta xestión, e ofreceranse algúns exemplos e pequenos trucos para aproveitar todo o seu potencial produtivo.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Confederación de Empresarios de La Coruña, asinaron en outubro do 2019, un convenio de colaboración para a promoción do emprendemento, o asesoramento técnico ao tecido empresarial e para  a formación nos ámbitos de actuación de ambas entidades.

No marco deste convenio e froito da situación de estado de alarma, organízase este seminario web, co fin de analizar as diferenzas entre o traballo convencional e o teletraballo, establecer as vantaxes e inconvenientes do teletraballo, así como identificar as modalidades e ferramentas requiridas para teletraballar de forma eficaz.

Contido:

1. Nocións e conceptos básicos: Extensión e sentido do teletraballo.
2. As cuestións necesarias para implantalo: Cando, Onde, para Quen.
3. Cambios na organización: Comunicación, xestión do equipo, avaliación da persoa teletraballadora
4. Cuestións prácticas: O FAQ do teletraballo.

Dirixido a:

  • Asociadas e asociados da Confederación de Empresarios de La Coruña.
  • Psicólogos/as colexiados/as.
  • Psicólogos/as non colexiados/as ou desempregados/as.
  • Persoal administrativo do COPG.
  • Outras persoas que teñan interese.

Data: Martes, 9 de xuño

Horario: de 18:00 a 19:30 h

Onde: plataforma ZOOM

Inscrición: Gratuíta, envía os teus datos a copgalicia@copgalicia.gal ata o 5 de xuño.

Más info

¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *