Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial

A Confederación de Empresarios de La Coruña presenta o seu Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial. Este conta con persoas expertas na materia que prestarán a túa empresa o apoio técnico e asesoramento no fomento da igualdade laboral e contra a fenda salarial que precises.

Así mesmo axuda a túa empresa na definición e desenvolvemento dos plans de igualdade, así como na súa avaliación e seguimento.

Realiza un traballo de diagnóstico permanente a través de actuacións como: análise sectorial dos plans de igualdade que formen parte dun convenio colectivo, elaboración de informes sectoriais sobre situacións relativas a sectores feminizados ou masculinizados, identificación de boas prácticas en plans de igualdade laboral de empresas galegas, impulso de programas de información e sensibilización.

 

¿En que che pode axudar?

 

  • Contidos da negociación colectiva e introdución da perspectiva de xénero.
  • Procesos de selección e contratación.
  • Clasificación profesional.
  • Formación.
  • Promoción profesional.
  • Condicións de traballo.
  • Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral.
  • Infrarrepresentación feminina.
  • Retribucións.
  • Prevención do acoso moral, sexual e por razón de sexo, etc.

 

Outros beneficios que podes atopar:

Oferta de xornadas, obrraoiros e seminarios e foros coa temática da igualdade laboral.

Formación para persoas negociadoras de convenios colectivos.

más información

 

¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *