A CEC organiza xunto coa CEG e con financiamento da Xunta de Galicia, unha serie de accións formativas, co obxectivo de fomentar a prevención de riscos laborais no noso tecido empresarial.
As accións formativas son de carácter gratuito e teñen como destinatarios tanto traballadores por conta allea, propia e en situación de desemprego.
Desenvolveranse en distintas localidades da provincia entre os meses de xullo e outubro.
Máis información:
- prevencion@cec.es
- 981 133 702/981 558 456