Instrumentos para a Dixitalización das Empresas

Tras o éxito acadado o ano pasado onde se facía una introdución ao proceso de dixitalización, a Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) organiza un programa formativo gratuito sobre “Instrumentos para a Dixitalización das Empresas”. Este proxecto está financiado polo Concello da Coruña e consta de tres seminarios prácticos, impartidos por docentes cualificados, que pretenden impulsar o crecemento das empresas que requiren procesos de dixitalización, có fin de incrementar a súa produtividade e a súa competitividade, así como novos modelos de traballo.

Animámosvos a participar:

    • Xestión de contidos CMS: 24 e 25 de outubro, de 9:00 a 14:00 h.
      [ inscrición ]
    • Ferramentas colaborativas na nube: 13 e 14 de novembro, de 9:00 a 14:00 h.
      [ inscrición ]
    • Ecommerce e negocios online: Próximamente

Lugar: Sede CEC, Praza Luis Seoane, torre 1, entreplanta, A Coruña

A quen vai dirixido?

A empresari@s, microempresas e pequenas empresas, xestores/as, autónom@s, técnic@s e empresari@s relacionados co sector das novas tecnoloxías do municipio de A Coruña, para adquirir unha visión práctica da transformación dixital.

Valoracións da 1ª Edición

Preme neste enlace para consultalas.

Máis info: dixital.cec.es

¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *