aprender

O próximo 16 de outubro arranca nunha das nosas entidades asociadas IEN por Europa, un curso de nivel básico de prevención de riscos laborais de 50 horas de duración. A acción formativa é totalmente gratuita e está dirixida a traballadores por conta allea, propia ou persoas en situación de desemprego.

Esta acción formativa habilita para o desenvolvemento das seguintes funcións preventivas:

  • Promover o comportamento seguro e o uso correcto dos equipos de traballo e protección e fomentar o interese e a cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
  • Promover, en particular, accións preventivas básicas como orde, limpeza, sinalización e mantemento xeral, e realizar o seu seguemento e control
  • Realizar avaliacións elementais de risco e, se é o caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu nivel educativo
  • Colaborar na avaliación e control de riscos xerais e específicos da empresa, realizar visitas ao efecto, atención a reclamacións e suxestións, gravación de datos e cantas funcións análogas son necesarias
  • Actuar en caso de urxencia e primeiros auxilios, xestionandfo as primeiras intervencións ao efecto
  • Cooperar cos servizos de prevención se procede

Este curso pertence ao Plan de Formación PRL 2018 que a Confederación de Empresarios de Galicia xunto coa Confederación de Empresarios de La Coruña organiza co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas para o fomento da PRL no noso territorio.

Información do curso:

  • Datas: do 16 ao 29 de outubro
  • Horario: de 16 a 21 h
  • Lugar de impartición: IEN por Europa. Edificio «Os Soportais», Plaza de la Constitución, 15500 Fene, A Coruña
  • Inscrición: administracion@ien-net.com
¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *