Vírate Verde! Iniciativa da CEC sobre a Economía Circular

A CEC en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un ciclo de seminarios dirixidos ao tecido empresrial da provincia, co fin de impulsar a economía circular como oportunidade económica, estratexia empresarial e mellora ambiental.

O fomento da economía circular proposto pola CEC, materialízase no lema: “Vírate Verde!”, como alusión da alternativa que ofrece a economía circular ao modelo de produción e consumo actual.

Os seminarios, de 4 horas de duración, serán dirixidos por profesionais vencelladas á sustentabilidade e responsabilidade social empresarial, así como á xestión de procesos participativos.

A asistencia é gratuita, pero require inscrición.

  • Seminario Economía Circular |Polígono de AGRELA | 14 de decembro | inscrición
  • Seminario Economía Circular |Polígono do TAMBRE| 14 de decembro | inscrición
  • Seminario Economía Circular | Polígono de SABÓN | 19 de decembro | inscrición
  • Seminario Economía Circular | Polígono de POCOMACO| 20 de decembro | inscrición
¿Te gustó este artículo? Compártelo!Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *